O REPARTO DE “MARÍA SOLINHA” VISITARÁ O DOMINGO A ADEGA DE ROBERTO VERINO EN MONTERREI

O plantel de actores da película “María Solinha” visitarán o próximo domingo ás 18:00 a adega de Roberto Verino en O Gargalo, encabezados polo seu director, Ignacio Vilar, horas antes da estrea  en autocine da película en Verín. O reparto quere escenificar así o seu compromiso co sector do viño galego, que retoma a súa actividade tras o parón provocado pola Covid19. Os espectadores poderán acceder dende as 20:30 ao parking central de Verín, e gozar dos menús da hostalería local que poden encargar na web rumbonosmovemosporti.com. A gala de estrea comezará ás 21.30, e a película se proxectará a continuación, no entorno das 22.30 horas.

O director do filme “María Solinha”, Ignacio Vilar, afirmou que a súa visita ás instalacións de Adegas Gargalo quere exemplificar “o seu compromiso cos viños de Monterrei e os de toda Galicia, nun momento en que todos temos que reinventarnos, como facemos nós coa aposta que lidera Verín polos autocines”. No viño, afirmou Vilar, “Roberto Verino é pioneiro na promoción do enoturismo e dos viños de Monterrei, e queremos ser os primeiros en brindar con el por iso”.

 

A visita terá lugar ás 18.00 horas do domingo, e dende dúas horas e media despois, os asistentes poderán acceder ao autocine de Verín, no parking centro e dende o acceso único da Avenida de Portugal.

O Concello de Verín ven de emitir un bando para advertir aos veciños de que dende o propio domingo ás 10:00 non se poderá aparcar vehículos no parking centro, e que a zona pequena deste aparcadoiro libre á que se accede dende  a rúa Luís Espada (“Zapatillas”) si quedará hábil para o seu uso, sendo o acceso de dobre sentido.

Os asistentes poderán disfrutar dos menús da hostalería local, a través da web rumbonosmovemosporti.com . Algúns deseñaron un menú específico para autocine, e os demais terán a carta habitual neste espazo.

Menús Autocine: 8,50 euros (máis a tarifa de Rumbo, de 2,50 euros). Todos inclúen bebida a elixir (refresco, cervexa ou auga)

  • Restaurante Zapatillas:  croquetas e empanadillas caseiras, tosta de xamón serrano.
  • Regueiro da Cova: bocadillo de polledpork con guacamole e patata asada.
  • Souto das Candeas: hamburguesa ecolóxica do Riós con patatas.

Deja una respuesta