QUEDAN POUCAS ENTRADAS PARA O PRIMEIRO AUTOCINE CON ESTREA DA HISTORIA EN GALICIA

Xa só quedan 20 entradas para a estrea en autocine de «María Solinha», de Ignacio Vilar, en Verín, este domingo 21 ás 22.00 horas.

Aproveita para ter unha experiencia social dentro da nova normalidade, disfrutando dos menús dos hosteleiros de Verín.

O acceso ao parking centro será dende as 20.30 pola entrada única da Avenida de Portugal (fronte ao Concello) e desde as 21.30 asiste á gala inaugural coa presenza de actores e actrices, e o director, que presentarán o seu proxecto.

Podedes mercar as entradas neste link. Autocinegal

Deja una respuesta