En este momento estás viendo Autocine en Nigrán, unha opción segura en tempos de pandemia

Autocine en Nigrán, unha opción segura en tempos de pandemia

  • Autor de la entrada:
  • Comentarios de la entrada:Sin comentarios

Autocine en Nigrán, unha opción segura en tempos de pandemia

O lugar elixido foi este aparcadoiro de Praia América en Nigrán. A un lado o mar, o outro unha pantalla de 10×15 metros para ver cine dunha maneira segura e diferente.

Unha hora antes de que comece a película toca organanizar os coches. Os máis altos ó fondo. As reservas fixéronse hai uns días pola web. Entreda gratuíta e ocupación limitada a uns cen vehículos.

Cae a noite. Apáganse as luces e a actividade recae no interior dos vehículos. O son séguese a través da radio do noso coche. Cada quén decide o volume e como quere gozar destas dúas horas de película. O filme «La bicicleta verde» dirixida pola primeira muller de Arabia Saudita.

Gozar do cine dentro do coche lévanos a típica estampa das películas americanas dos anos 50 e 60. Agora é unha realidade que pode chegar para quedarse.

Ver Nova CRTVG